Os equipos especiais son grupos específicos de atletas configurados para clasificacións especiais nunha competición determinada (competición, evento ou circuíto).
As súas regras, validez e duración están totalmente ligadas ao regulamento e aos prazos da competición á que pertencen.
Grazas aos equipos especiais, podes ser capitán ou formar parte dun equipo nunha competición concreta.
Para crear ou unirte a un equipo debes iniciar sesión co teu usuario na web de ChampionChipNorte. Segue esta ligazón para ver unha explicación detallada de como facelo.
Computarase polos puntos conseguidos pola suma dos compoñentes do mesmo sendo como mínimo de 1 membro e máximo 5, alcanzando tantos puntos como participantes quedasen por detrás de cada posición na clasificación absoluta da travesía de adutos. Os membros femininos suman dobre a súa puntuación.