TORNEO PESCA INFANTIL

TORNEO PESCA INFANTIL

Lugar e Horarios

19 de agosto de 2022 ás 17:00,
Porto Pesqueiro, Baiona (Pontevedra)

TORNEO PESCA INFANTIL   inscrit@s

Competicións

Información adicional

INSCRICION
  • Inscrición gratuita no Pavillón Municipal de Deportes. 986356558 / deportes@baiona.gal
  • Idade. Ata os 16 anos (Dende esta idade precísase licenza de pescar marítima. Para realizar os trámites contactar coa organización.
  • Para participar: É requisito imprescindible cubrir a ficha de inscrición asinada polo pai, nai ou titor.
  • Haberá tres categorías segunso as idades: Sub16 (2006-2009) / Sub12 (2010-2013) / Sub8 (2014-2017)
  • Modalidade de pesca: Libre
  • Cebos: Libre elección.
  • Non haberá límite no total do peso das capturas.
  • Serán pezas válidas: Todos os peixes que alcancen as tallas mínimas legais. Orde 15 de novembro de 1992 (D.O.G.A. Nº 53 do 18/03/93 Xunta de Galicia) non serán validados os cefalópodos nin os salmónidos.
  • Autorízase: O cebado das augas desde o inicio do concurso.
  • Canas: En acción de pesca unha soa cana e en reserva as que se desexe, montadas ou non.
  • As capturas quedarán en propiedade da organización para ser doadas a un centro de beneficiencia. Con todo, o pescador que o notifique poderá levas as súas.