Baiona convértese ao longo de todo o ano nun escenario para o deporte, o lecer activo e a participación cidadá. A través desta plataforma poderás consultar toda a información dos eventos deportivos organizados polo Concello, realizar inscricións, coñecer os regulamentos, horarios, percorridos e acceder aos resultados e contidos de cada actividade.

Desde probas populares e travesías a nado ata torneos de praia, regatas, sendeirismo e moitas outras iniciativas, Baiona co Deporte reúne nun único espazo toda a programación deportiva do municipio.

Participa, descobre novos retos e vive o deporte en Baiona.