TORNEO BASKET 3X3

TORNEO BASKET 3X3

Lugar y Horarios

Del 09/08/2024 al 10/08/2024,
Parque da Palma, Baiona (Pontevedra)

TORNEO BASKET 3X3   inscrit@s

Competiciones

Información adicional

INSCRICIÓNS
  • Para formular a túa inscrición deberás contactar coa organización no teléfono 986 35 65 58 ou no correo electrónico: deportes@baiona.ga1 para concretar se existen prazas dispoñibles.
  • Debes cubrila folla de inscrición e o xustificante de pago, envíalos e entregalos no Pavillán Municipal de Baiona en horario de 8.00h. a 14.00h. e de 18.00h. A 23.00h. de Luns a Venres, ou a través do correo electrónico: deportes@baiona.gal. Dispoñible na web www.baionacodeporte.gal
  • O número de prazas é limitado sendo por rigurosa orde de inscrición.
  • A cuota de inscrición será de 25 € por equipo, permitindo a participación de árbitros federados na ronda clasificatoria. Agás categorías especiais que serán de balde.
  • O pago poderá formalizarse directamente no Pavillón Municipal de Deportes con tarxeta de crédito ou mediante transferencia o nº de conta: "La Caixa" ES95 2100 1821 6602 0018 2423
  • Poderanse inscribir 16 ou 20 equipos.
  • Cada equipo deberá camporse por un mínimo de 3 xogadores e 1 reserva, e un máximo de 6.
  • Deberán darse tódolos nomes dos participantes, un teléfono de contacto e un nome para cada equipo. A inscrición e de 25€ por equipo, a excepción do torneo de categorías especiais, que será de balde.
  • Dita cantidade será destinado ao Club Baloncesto Baiona.
  • O torneo será pitado por árbitros federados e todos os equipos participantes recibirán camiseta conmemorativa, así coma produtos Coca Cola.
  • Non se admitirán nomes de equipos que sexan malsoantes ou ofensivos.
  • Calquera dúbida que xurda no torneo deberá consultarse con algún membro da organización, que deberá estar acreditado.
  • A participación neste torneo supón o acatamento das presentes normas.
  • O incumprimento dalgunha das normas de organización pode supor a descalificación do equipo infractor.