BAIONA CO DEPORTE 2024

Dende a Concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona, en colaboración con CCNorte, poñemos a disposición da poboación unha  aplicación para smartphones orientada  a facilitar o acceso a práctica  de actividade física e deportiva.

Ademáis de poder acceder a toda a oferta deportiva Municipal, podes inscribirte nas distintas competicións (carreiras, travesías…), torneos (Baloncesto, Pesca, Volei Praia, Palas Praia…), campus deportivos para nenos e nenas…

Tamén podes facer un seguimento da túa vida deportiva, acceder ás clasificacións actuais e aos resultados de edicións anteriores.

Baiona co Deporte tamén está disponible na web : www.baionacodeporte.gal